lunes, 20 de abril de 2020

Traballo para Luns 20 de Marzo

Ola de novo!!

No segundo trimestre a maioría dos nen@s xa escribian o seu nome (algo moi significativo, importante e que lles fai moita ilusión). Temos que seguir practicando o nome e aqueles nen@s que ainda non sepan poñelo non pasa nada porque normalmente é unha actividade que se empeza no 3º trimestre. De momento é copiado pero pouco a pouco poderán facelo sen mirar. Dicir tamén que é unha actividade difícil que pode chegar a resultar frustrante si non é capaz polo tanto PACIENCIA E MOITO AMOR.

➤Unha das actividades para hoxe é precisamente facer unha ficha ou tarxeta co seu nome para que todos os días eles poidan copiar ese nome nas fichas que fagan. 






Tendes que escribir o nome do voso fill@ neste marco en rotulador negro con letras maiúsculas e grandes. O nen@ pode colorear o marco e despois se podedes platificalo sería estupendo. Por último recortamos. Esa tarxeta queda para que eles podan collela e escribir o nome nas fichas ou xogar a escribir o seu nome que tamén lles gusta moito.


➤Ficha do número 3. Repasamos o número tres por dentro con lapis e coloreamos con cera as tres pelotas. Importante: que o neno poña o nome copiando pola tarxeta.


➤Rodeamos a letra T e recordamos que nome da clase empeza por esta inicial.


RECORDADE QUE A CLAVE ESTÁ NA PACIENCIA. Para os nen@s tamén e difícil esta situación. 
💗💗💗💗💗




No hay comentarios:

Publicar un comentario