Ola familias e nen@s!!
➤Seguimos traballando co nome. Como vos comentei cando empezamos con este blog, a maioría dos nen@s xa sabian poñer o seu nome pero ainda quedaban algúns que non o conseguiran. Cada nen@ ten o seu ritmo. O ideal sería que poidesen conseguilo en xuño e os que xa sabian que o intentasen pouco a pouco sen a tarxeta, e dicir, escribindo sen mirar.
➤Continuamos coa vogal O. Escoitamos o vídeo.
➤Ficha da vogal O. Poñer o nome na ficha. Unha vez terminada, por detrás, poden escribir con lapis letras o.
➤Recordamos o conto Unha eiruga moi larpeira que traballamos no 1º trimestre. Ós nen@s gustoulles moito.
➤Intentamos facer o debuxo da Eiruga. Os nen@s só teñen que facer círculos. Ánimo!! Os primeiros debuxos son unha experiencia moi gratificante para eles.
Sería algo así. Partindo dunha forma xeométrica que eles coñecen e saben facer chegamos ó debuxo.
Podedes tamén imprimilo para colorear pero o ideal é que eles o intenten debuxar. Ánimo!!😊
Moitos bicos pequerrechos!!💗💗💗
No hay comentarios:
Publicar un comentario