miércoles, 17 de junio de 2020

DESPEDIDA


Queridas familias:

Chegou o final de curso. Creo que me vai  costar non escribir nada no blog. Esta era a miña maneira de pensar nos meus nen@s e de estar conectada con eles.
Gracias a todas as familias que dende as súas casas se esforzaron todos os días en facer as tarefas cos seus fill@s. FELICIDADES!! Sei de sobra que foi complicado e difícil. Os nen@s destas idades son moi pequenos e non identifican as tarefas e traballos do cole co seu mundo familiar. Grazas polo voso compromiso.

Pero se hai uns auténticos campeóns eses son os vosos fill@s. Para eles foi unha situación moi complicada e moi difícil de entender. FELICIDADES!! Fixérono xenial.

Agora toca descansar das tarefas do cole.!!

Recordade o que vos dixen na miña primeira carta que publiquei neste blog. Non vos olvidedes de ser felices porque tendes ó voso lado o máis importante.

Vémonos en setembro. Teño moitísimas ganas de volver a compartir mil cousas con eles.

FELIZ VERÁN!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario